Libros con visor CGAebook
Como descargar e ler os libros no visor CGAebook en tabletas, PC e Mac
Paso 1. Descarga do visor en tabletas
- Para Ipad. Descargar e instalar CGAebook gratuitamente desde AppleStore.

- • Para Android. Descargar e instalar CGAebook gratuitamente desde GooglePlay.

Descarga do visor en PC e Mac
- Descargar o visor CGAebook gratuitamente desde esta páxina. Premer sobre a icona correspondente ao sistema operativo do seu ordenador.
- O descargable desta páxina é unha carpeta comprimida.zip que hai que descomprimir no escritorio para poder utilizar a aplicación.
- Unha vez descomprimido o ficheiro terá unha carpeta no seu escritorio co nome CGAebook.
- Abra a carpeta e execute o ficheiro executable CGA ebook.
IMPORTANTE
- Comprobe que ten instalado un navegador compatible con html5 (recomendado Chrome, Firefox, Safari) e que este navegador está configurado como navegador por defecto no seu equipo.
Paso 2. Activación de libros no visor CGAebook
- Ao abrir a aplicación verá esta icona
. Ao premer este botón aparecerá o espazo onde se escribirá o resto de licenzas recibidas. Poden engadirse tantas licenzas como libros se adquirisen.
- O seguimento da evolución da descarga realízase mediante a barra de progreso.
- Durante o proceso de descarga de libros ao visor hai que manter a conexión a internet para que se complete a descarga. Se esta fose interrompida pola perda de conexión e dependendo do dispositivo, unha vez que se recupere a conexión a descarga continuará onde se interrompeu. Se isto non se producise, introducirase de novo a licenza.
Todos os libros dos que dispoña quedarán almacenados para que sexan accesibles de forma offline (agás para aqueles elementos como enlaces web nos que é necesaria a conectividade).
Características dos dispositivos educativos con Android. Recomendacións
- Sistema operativo: Android 4.2 ou superior.
- Procesador: Dual core 1GHz ou superior.
- Memoria: 1 GB de RAM.
- Almacenamento: Mínimo 8Gb ampliable.
- Pantalla: 9” ou superior.
- Conectividade: Conectividade WiFi.
- Batería: Batería cunha duración mínima de 2 horas reais para navegar pola rede e cargador eléctrico ou batería con capacidade para 6 horas en caso de non querer levar cargador.
- Recoméndase comprobar que o dispositivo está na listaxe de marcas homologadas en Google Play.
https://support.google.com/googleplay/answer/1727131?hl=es
Características dos dispositivos educativos con iOS.
- Sistema operativo: iOS 6 ou superior (non compatible coa versión 8 actualmente).
- Almacenamento: Mínimo 16Gb.
- Conectividade: Conectividade WiFi.
|